Lydia Pérez, seleccionada para participar en Rusia nun 'Training Camp' internacional

Pontevedra
07 de decembro 2018

A deportista do Club de Loita Pontevedra acudirá co equipo nacional de loitas olímpicas a unha concentración internacional de adestramento que se celebrará do 9 ao 21 de decembro no norte de Moscova

Noelia Lalín e Lydia Pérez, deportistas bolseiras no CGTD
Noelia Lalín e Lydia Pérez, deportistas bolseiras no CGTD

Ata Rusia desprazarase nos próximos días a pontevedresa Lydia Pérez para seguir preparando os seus grandes obxectivos da tempada e tentar sumar experiencia internacional.

A deportista do Club de Loita Pontevedra viaxará co equipo nacional de loitas olímpicas ata a localidade de Kurgoe Ozero (Lago Redondo), ao norte de Moscova, para tomar parte nun 'Training Camp' internacional.

Lydia exercitarase durante 12 días en Rusia, do 9 ao 21 de decembro.

Xunto a ela estarán outras dúas deportistas bolseiras polo Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Nerea Pampín e Noelia Lalín (ambas as do Club Keltoi de Vila de Cruces).

Ademais integran a selección española feminina Marina Rueda (AND), Graciela Sánchez (BAL), Estefanía Ramírez (CAN) e a adestradora nacional Fajardo (MAD). Tamén viaxará coa expedición o técnico do equipo galego e de orixe rusa, Alexandre Kachelaev.