Máis de 200 persoas apuntáronse xa para ser voluntarias nos Mundiais Multideporte

Pontevedra
26 de marzo 2025

Desde a organización dos mundiais de tríatlon e a Oficina do Voluntariado estímase que serán necesarias unhas 350 persoas para cubrir os servizos previstos durante o gran evento deportivo

Un voluntarios na carreira de Grupos de Idade nas Series Mundiais de Pontevedra Mosrey Fotografía

Son unha parte indispensable do calquera evento, e tamén será así nos Mundiais Multideporte de Tríatlon que aterrarán en Pontevedra o próximo mes de xuño, entre os días 20 e 29.

Por iso desde a organización da gran competición internacional e da Oficina do Voluntariado iniciouse recentemente unha campaña de captación.

Unha iniciativa que tivo unha gran acollida, e é que apenas uns días xa se captaron máis da metade das persoas que serán necesarias para cubrir os ao redor de 1.500 servizos previstos durante as xornadas de competición.

Son máis de 200 as persoas anotadas até a data, e de orixe e idades en grao sumo diverso.

A inscrición 200 foi por exemplo unha moza de 16 anos de Barro e estudante de secundaria, Zoila Cabarcos, e a nùmero 100 un financeiro de 48 anos de Cangas, Daniel Carballa.

Tamén se rexistraron voluntarios procedentes doutros países como unha profesora de 54 anos do Porto e unha metodóloga deportiva de 43 anos residente en Colombia.

Carreira, protocolo, secretaría, comunicación e loxística son as áreas entre as que se repartirán os voluntarios durante os Mundiais Multideporte.

O obxectivo segue a ser chegar á cifra de 350 voluntarios, nunha camapaña de captación que se manterá aberta até principios do mes de xuño.

Unha vez pecha esa fase as persoas inscritas pasarán unha pequena formación para coñecer probas, percorridos, espazos ou áreas de traballo. Todas elas poderán participar ademais na festa inaugural e o desfile de delegacións dos países participantes o venres 20 de xuño.