Máis de 2.000 inscricións confirman o despegamento do Medio Maratón Entre Rías na súa segunda edición

Sanxenxo
02 de maio 2025
Actualizado: 17:10

A pouco máis dunha semana para o peche de inscricións o evento deportivo, que se celebrará o 18 de maio, conta con 2.200 deportistas confirmados, máis do dobre que na pasada edición

Presentación do segundo Medio Maratón Entre Rías
Presentación do segundo Medio Maratón Entre Rías / Deputación de Pontevedra

Pistoletazo de saída á segunda edición do Medio Maratón Entre Rías coa presentación oficial do evento que tivo lugar este venres 2 de maio.

A proba atlética, de 21,1 quilómetros de percorrido unindo O Grove e Sanxenxo, disputarase o vindeiro domingo 18 de maio.

Con todo no seu segundo ano o Entre Rías é xa un éxito, e é que rexistra xa máis do dobre de inscritos que na súa estrea.

En concreto, develaron na presentación, a dez días do peche do prazo para anotarse, son xa 2.200 os deportistas confirmados, dos que o 22% proceden de fóra de Galicia.

Cifras que demostran o tirón da carreira "por ser a única cun percorrido bañado por dúas rías, a de Arousa e a de Pontevedra, e o Océano Atlántico", destacou o alcalde do Grove, José Cacabelos.

"Non fai falta dicir que o entorno natural e paisaxístico é único, non hai outra igual", afirmou pola súa banda o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín.

Outra particularidad, sinalou o seu organizador Serafín Acevedo, é que "por primeira vez en Galicia, os corredores poderán grabar na súa medalla finisher o seu nome e o tempo que teñen na media maratón cando rematen a carreira, totalmente gratuito".

Ademais das citas propiamente deportivas, o medio maratón completarase cunha charla o sábado 17 de maio (20.00 horas) no Hotel Carlos I Silgar do ex atleta olímpico Chema Martínez, con entrada libre até completar aforamento.