Máis de 1.000 inscritos para a terceira edición da Gladiator Race a mes e medio para a súa celebración

Pontevedra
14 de abril 2017

A popular carreira por obstáculos celebrareise o día 3 de xuño na contorna da pontevedresa Illa das Esculturas na que será a súa terceira edición na cidade

Segunda edición da Gladiator Race en Pontevedra Diego Torrado

A terceira edición da Gladiator Race de Pontevedra empeza a quentar motores e supera xa a primeira barreira importante na cifra de inscrición.

Entre as tres categorías habilitadas pola organización, a cargo Qualité Sport Events e AD Top Ten Sports, superouse xa o milleiro de anotados cando falta máis de mes e medio a súa celebración.

A Gladiator Race terá lugar na contorna da Illa das Esculturas o sábado día 3 de xuño, convertida despois das súas dúas primeiras edicións nunha das probas deportivas máis concorridas do calendario.

A categoría Warrior (11 quilómetros e 30 obstáculos) é a que máis participación rexistra con máis de medio milleiro de deportistas inscritos, seguida da modalidade Rocket (6 quilómetros e 20 obstáculos) e por último a categoría infantil, a Gladiator Kids.

As inscricións pódense  formalizar a través da plataforma www.championchipnorte.com e da web www.gladiatorrace.es.