Máis de 700 corredores invaden as praias de Marín

Marín
11 de xuño 2023

Acompañados de bo tempo, os corredores saíron ao redor das 10:00 horas da Praia de Lapamán, percorrendo o resto de areais do municipio para finalizar no miradoiro superior do Paseo Alcalde Blanco  

Segunda edición da Carreira Carmiña
Segunda edición da Carreira Carmiña

As praias de Marín acolleron este domingo a segunda edición da Carreira Carmiña, unha proba popular que une deporte, cultura e turismo e que este ano reuniu a máis de 700 participantes.

Acompañados de bo tempo, os corredores saíron ao redor das 10:00 horas da Praia de Lapamán, percorrendo o resto de areais do municipio para finalizar no miradoiro superior do Paseo Alcalde Blanco. 

O percorrido tivo unha distancia de 10,6 quilómetros por toda a costa, pasando por encima do mar, zona de terra, asfalto e praia, cos tempos calculados para correr no momento de marea baixa.

O campión da xornada foi Pablo García, do Athletics Fisioterapia, cun crono de 44:19 que lle outorgou a primeira praza. Completaron o podio masculino Gustavo Caballero, do San Miguel de Marín (46:15), e Santiago Piñeiro, do Club Atletismo Samertolameu (47:19).

O mellor tempo feminino marcouno Anaís Rivas, do Tríatlon PC Rías Baixas, que parou o cronómetro en 49:00. Seguíronlle Laura Gallego, do Club Deportivo Delikia (52:37) e Fátima Neira (59:29).

Para os menos esixente, desde o porto deportivo de Aguete partiu a Mini-Carmiña, que constou dunha distancia de 5,6 quilómetros e que tivo como campión a Diego González, do Club Deportivo Pinaruim (20:18). Anxo Otero cruzou a meta 10 segundos despois e Ángel Conde, do Kurai, 21.

Andrea Alonso, de La Colonia Crossfit, foi a primeira muller en cruzar a meta, asinando un tempo de 27:41 que ademais lle outorgou a undécima praza da xeral. Foi segunda Antía García, do Club Deportivo Pinarium (28:57) e terceira Ana Belén Carballo, do Trucorunners (30:45).