O Peixe Galego segue inmerso na confección do equipo que competirá o próximo ano en Liga EBA. A dirección deportiva mantén a súa firme aposta pola continuidade do bloque que logrou o ascenso e, despois de confirmar a continuidade de Pablo Castro, Álvaro Filgueira e Andrés Santiago , anuncian a renovación de Juan Castro, o xogador máis utilizado polo adestrador Iván Villaverde na última tempada.
O beirado disputou unha media de 32 minutos por partido nos que primedió unha anotación de 12 puntos.
Pero non é a súa facilidade para encestar o que máis destacan del na Raña, senón a súa polivalencia, a súa astucia no rebote, as súas grandes condicións físicas e a súa calidade para subir o balón.
Ademais achegará ao equipo a experiencia adquirida en Obradoiro, Ponferrada e Ávila, equipos cos que xa xogou nesta categoría.