Marc Tur (Sociedad Gimnástica) logra para España unha medalla de prata no Campionato Iberoamericano

Pontevedra
03 de agosto 2014

Marc Tur consegue con este resultado pechar unha tempada magnífica ao sumar a súa primeira medalla internacional nun campionato absoluto

Marc Tur, durante a primeira xornada da División de Honra 2014 Sociedad Gimnástica

Magnífico resultado o conseguido polo atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Marc Tur cunha medalla de prata na proba de 20 quilómetros marcha do Campionato Iberoamericano, que se está a celebrar na cidade brasileira de Sao Paolo.

Con 1 hora 23 minutos e 22 segundos, o atleta pontevedrés soubo aguantar o ritmo dos seus rivais, manténdose no grupo de cabeza os 15 primeiros quilómetros. A partir de aí o colombiano Iván Garrido impuxo unha frecuencia de catro minutos o quilómetro que ninguén foi capaz de seguir.

Aínda que xa tiña fóra do seu alcance o ouro, o atleta balear continuou pola pelexa polo podio conseguindo entrar en meta nesa estupenda segunda posición.

Marc Tur consegue con este resultado pechar unha tempada magnífica ao sumar a súa primeira medalla internacional nun campionato absoluto.