María Vilas e Bea Gómez son subcampionas de España

Pontevedra
04 de agosto 2019
Actualizado: 20:42

A nadadora do Galaico, Carla Goyanes, concluíu na posición décimo novena a súa participación no Campionato de Europa Júnior de augas abertas que se está disputando na cidade checa de Racice. Na Copa Asturias de Augas Abertas, Cristian Fernández foi o mellor do equipo pontevedrés cun cuarto posto

Carla Goyanes, décimo novena no Europeo Júnior de Augas Abiertas CN Galaico

A nadadora do Club Natación Galaico, María Vilas, proclamouse onte subcampioa de España nos 1.500 libres cunha marca de 16 minutos e 47 segundos no Campionato de España que se está celebrando en Terrasa. Na mesma competición a pontevedresa Bea Gómez rematou a súa participación na final do 400 estilos en segunda posición.

Neste campionato están a participar tamén, Bruno Rey e Marc Ciruana. Pola súa banda, Carla Goyanes finalizou no décimo noveno lugar a súa participación na proba de 10 quilómetros do Europeo Júnior de Augas Abertas que se está celebrando en Racice, na República Checa. A nadadora do Galaico, que completou a travesía cun tempo de 2.09.22, viuse lastrada por unhas condicións meteorolóxicas que non eran as máis adecuadas, ademais o grupo impuxo un ritmo moi forte desde o principio e Goyanes non foi capaz de alcanzar ás máis adiantadas.

Na Copa Asturias de augas abertas, Cristian Fernández terminou cuarto, Alex Lages, sétimo; e Jacobo Ucha vixésimo, primeiro.