Marín e Pontevedra, paradas da Copa Galicia de Ciclocrós que se estrea en Narón

Pontevedra
20 de outubro 2016

A marinense Sandra Moral defende desde este sábado 22 de outubro o seu título autonómico na segunda edición da Copa, que amplía o seu calendario de sete a doce probas puntuables

Ciclocrós Ría de Marín 2012
Ciclocrós Ría de Marín 2012 /

A tempada de ciclocrós levanta o pano esta fin de semana na comarca de Ferrol co inicio da segunda edición da Copa Galicia.

Sandra Moral, do Club Ciclista Marín, tentará defender o seu título autonómico elite e sub-23 nunha competición que repite formato pero ampla o seu calendario das sete ás doce probas puntuables.

Entre elas a Federación Galega de Ciclismo confirmou o Ciclocrós Marín, organizado polo clun local e previsto para o 20 de novembro, e o Trofeo Concello de Pontevedra, con organización do CC Pinarium o día 8 de decembro.

A competición estréase con dobrete, o sábado 22 en Narón e o domingo 23 e Ferrol, e pecharase o día 31 de decembro coa disputa do Campionato de Galicia nunha sede aínda por confirmar.

Todas as carreiras serán puntuables para o ránking da Real Federación Española de Ciclismo.