O Marín Futsal sufriu este sábado unha dolorosa derrota por 3-2 que complica a súa clasificación en liga.
O conxunto marinense, que sucumbiu ante a alta presión exercida polo Les Corts, reaccionou na recta final do encontro, pero foi insuficiente.
O primeiro tanto do partido chegou no minuto 9, cando Laia Rojo interceptou a saída de balón do Marín para marcar desde tres cuartos de campo.
Tentou o conxunto visitante reaccionar ao gol, pero o Les Corts non baixou o ritmo e continuou realizando unha altísima presión que dificultaba a saída de balón rival dun Marín que non lograba crear perigo.
Ao comezo do segundo tempo a situación non mudou e un novo roubo no medio do campo permitiu ao conxunto catalán ampliar a vantaxe. Laura Torres fíxose co balón e centrou a Laura Oliva, que só tivo que tocala para, de primeiras, anotar o 2-0.
Cinco minutos despois, Laia Rojo recibiu o pase de Guix e bateu a Patri Arruti para deixar o partido practicamente sentenciado.
Ante esa situación, More optou polo xogo de cinco con Miriam como porteira-xogadora coa intención de cambiar a tónica do encontro. E vaia si logrouno. Carolina Bravo, cun dobrete, recortou diferenzas, pero a pesar dos esforzos finais, o tempo non foi suficiente para completar a remontada.
Consulta a acta neste enlace