Marín renova os seus votos co boxeo na Thunder Boxing Night

Marín
04 de xuño 2018

O pavillón marinense da Cañota vestiu os seus mellores galas para vivir unha noite de boxeo na que se disputaron ata 15 combates

Thunder Boxing Night no pavillón da Cañota
Thunder Boxing Night no pavillón da Cañota / Team Thunder Marín

O pavillón marinense da Cañota vestiu durante a noite do sábado as súas mellores galas para renovar os seus votos co boxeo, nunha nova velada organizada polo club local, o Team Thunder.

A bautizada como Thunder Boxing Night constou de ata 15 combates e varias horas de emoción sobre o cuadrilátero.

Preto de 600 persoas poboaron as bancadas do pavillón na que o club marinense cualificou de "a velada de máis nivel nos últimos anos".

A gala comezou ás 18:30 cos comabates promesa, no que destacou o duelo entre  Yoelvis Medina e Marcial Maceda, que finalizou cunha vitoria por  KO para o primeiro deles.

A competición elite constou de nove enfrontamentos, con especial mención á vitoria de José "La Sombra" Martínez en dous asaltos no duelo profesional ante Fabrice Julien. Ademais, pechando a noite, o campión de España e alma máter do Team Thunder, Aarón González, derrotou aos puntos ao dúas veces campión catalán Alonso Gutiérrez.