Marín vibra cos seus deportistas na recuperada Gala do Deporte

Marín
18 de xuño 2026

O novo auditorio foi escenario este mércores dela Gala do Deporte de Marín, recoñecendo como mellores deportistas do ano os taekwondistas Iván García e Arlet Ortiz

Gala do Deporte de Marín
Gala do Deporte de Marín / Concello de Marín

Noite para o recordo do deporte marinense.

O novo auditorio acolleu este mércores 17 de xuño a recuperada Gala do Deporte nunha "noite moi especial", tal e como a cualificou o concelleiro de Deportes, Antonio Traba.

O acto, conducido polo xornalista Terio Carreira e amenizado musicalmente por Sonsgalia, recoñeceu o potencial e telanto do deporte marinense.

"O deporte non son só medallas. Non son só podios nin clasificacións. Detrás de cada éxito hai moitas horas de traballo, sacrificio, ilusión, renuncias e tamén moitas persoas que acompañan ese camiño", defendeu o edil de Deportes.

Un evento que pretende ser unha "festa ao esforzo, ao compañerismo e á paixón polo deporte", engadiu pola súa banda no seu discurso a alcaldesa, María Ramallo.

Os taekwondistas Iván García e Arlet Ortiz recibiron os premios a mellores deportistas do ano polos seus grandes recultados a nivel internacional, pero non foron os únicos distinguidos.

Este é a listaxe completa de premiados na Gala do Deporte de Marín 2026:

Mellor deportista masculino: Iván García Martínez (Club Mat's Taekwondo)

Mellor deportista feminina: Arlet Ortiz (Club Mat's Taekwondo)

Mellor deportista de base masculino: Xián Gutiérrez Dopazo (Remo Ría de Marín)

Mellor deportista de base feminina: Ángela Balado Conde (Club Mat's Taekwondo)

Mellor deportista veterana: Pilar Vázquez Bouzas (Remo Ría de Marín)

Premio á inclusividade: Paula García Vázquez (Remo Ría de Marín)

Mellor adestrador: Emilio Gutiérrez Jalda (Remo Ría de Marín)

Mellor Club: CD La Peña

Patrocinio: SEI San Narciso

Mellor evento deportivo: Open Vila de Marín de Boxeo

Premio ao deporte con valores: Raquel Carragal Da Costa

Premio á promoción do deporte basee: Marín Peixe Galego

Premio ao voluntariado deportivo: Carreira Pinga Pinga

Mención especial: Asociación Cultural e Deportiva Gharaboto