Marina Casado volve dar nome ao campus de iniciación do Waterpolo Pontevedra

Pontevedra
28 de xullo 2016

Por segundo ano consecutivo a xogadora pontevedresa, primeira galega que milita na División de Honra, amadriña a iniciativa posta en marcha polo Club Waterpolo Pontevedra desde o 2007

Marina Casado co cartel do II Campus de Iniciación ao Waterpolo Club Waterpolo Pontevedra

Por segundo ano consecutivo Marina Casado, primeira xogadora galega na división de honra de waterpolo, amadriña e dá nome ao campus de iniciación que promove o Club Waterpolo Pontevedra.

Do 1 ao 9 de setembro, o campus dará a coñecer este deporte aos nenos que queiran probar a experiencia, estando dirixido a nenos de 8 a 12 anos e a nenas ata os 14. Todos eles poderán gozar cos consellos dos técnicos do club pontevedrés e coa experiencia de Marina Casado, que tense enfrontado a xogadoras de talla internacional, como as campioas do mundo da selección española.

O proxecto do Waterpolo Pontevedra, iniciado en 2007, volverá ter como sede o Club Deportivo Socio Cultural Militar de Campolongo, onde este xoves celebrouse a presentación do campus.

Habilitaranse dúas opcións, unha xornada completa de 9:00 a 13:30 horas, onde ademais de waterpolo daranse sesións teóricas, e outra de 10:00 a 12:30 horas para quen se apunte só á sesión de piscina.

As inscricións II Campus de iniciación ao Waterpolo Marina Casado, poden formalizarse a través do correo electrónico info@waterpolopontevedra.com, cun prezo de 30 euros en horario reducido e 50 euros para a xornada completa.