Mario Cabanas, un pívot con experiencia para o Peixe Galego

Pontevedra
07 de agosto 2016

O pívot súmase ao proxecto 'peixe' procedente do Oviedo da LEB Ouro. Trátase dun xogador experimentado que pasou tamén pola Liga ACB co Baloncesto Sevilla e o Obradoiro 

Mario Cabanas
Mario Cabanas

O Peixe Galego reforzouse nas últimas horas coa incorporación dun xogador veterano e con experiencia na categoría como Mario Cabanas.

O pívot coruñés, de 2,07 metros de altura, chega a Marín procedente do Oviedo de LEB Ouro, categoría na que xogou o últimas tres tempadas tras o seu paso pola Liga ACB nas filas de equipos como o Baloncesto Sevilla ou o Obradoiro.

A pasada campaña as lesións minguaron o seu rendemento, pero acabou sendo un home importante nos play-off.

O Peixe Galego valora a Cabanas como "un referente no xogo interior e un pívot con experiencia na liga que achegará puntos, rebotes e defensa".

Entre el e Javi Múgica, os veteranos do plantel ata o momento, o club espera que fagan crecer aos novos valores para lograr un equipo competitivo que loite con garantías pola permanencia.