O debut do Peixe Galego en LEB Ouro, na Raña ante o Melilla Baloncesto

Marín
19 de agosto 2016

A Liga LEB Ouro arrincará para o Peixe o 1 de outubro e vivirá a súa última xornada da liga regular o 28 de abril, co cadro marinense recibindo na Raña ao Guipuzkoa Basket

Ascenso do Peixe Galego a LEB Ouro
Ascenso do Peixe Galego a LEB Ouro / Diego Torrado

A Federación Española de Baloncesto deu a coñecer o calendario de competición que lle espera ao Marín Peixe Galego no seu debut na liga LEB Ouro.

Os de Javi Llorente estrearanse na segunda categoría nacional o día 1 de outubro, e farano en casa recibindo na Raña ao Melilla Baloncesto.

Tras ese encontro o cadro marinense afrontará dúas xornadas consecutivas a domicilio, primeiro ante o Leyma Basquet Coruña (7 de outubro) e despois na cancha do Magia Huesca (14 de outubro).

A primeira volta de competición finalizará o venres 30 de decembro, en pleno Nadal, e sen descanso o 3 de xaneiro comezará a segunda. Ademais entre as datas de interese da tempada en LEB Ouro, fixouse a Copa Princesa de Asturias para o 27 de xaneiro.

En canto ao Peixe, cuxo obxectivo é a permanencia na categoría, a liga regular concluirá tamén na súa pista, en Marín, o 29 de abril ante o Guipuzkoa Basket.

Consulta aquí o calendario completo da competición.