Marko Dzokic, teucrista unha tempada máis

Pontevedra
12 de agosto 2021

O conxunto azul fai oficial a renovación de contrato do central serbio para a próxima campaña 2021/2022

Partido entre o Teucro e o Trapagaran no Pavillón Municipal Cristina Saiz

Marko Dzokic prolonga un ano máis o seu idilio co Teucro. A actual xunta xestora e a adestradora Irene Vilaboa decidiron ofrecer a renovación de contrato por unha tempada máis que o central serbio xa aceptou. "Na pasada tempada gozamos dos seus goles, da súa visión de xogo e o seu xene competitivo e este ano non será menos", sinalan desde a entidade pontevedresa.

A achega do central durante a pasada tempada resultou decisiva para conseguir a permanencia e no seo do conxunto azul están seguros de que o seu papel na tempada que bota a andar este mesmo xoves co primeiro adestramento será aínda máis importante. 

"A súa fiabilidade tanto en defensa como en ataque e a súa garra e compromiso co club posiciónano nunha xogador clave para o transcurso da presente campaña", destaca o comunicado do Teucro compartido en redes sociais co que oficializan a súa continuidade.