A mala sorte cebouse con Marta Peñalver, xogadora do Poio Pescamar que acababa de regresar ás pistas de xogo tras un longo período de baixa de máis de 10 meses.
A futbolista vermella volveu caer lesionada o pasado 14 de febreiro durante a semifinal da Copa Galicia contra o Burela, só once días despois de volver a xogar e no que era o seu cuarto encontro tras a grave lesión sufrida a pasada tempada no seu xeonllo dereito, coa rotura do ligamento cruzado.
Agora, días despois da incidencia durante a Copa Galicia, o club conserveiro confirmou a noticia que ninguén quería, e é que Marta Pañelaver rompeu o seu outro xeonllo, o esquerdo.
Marta sofre a "rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco interno, así como escordaduras do lateral interno e externo", sinala o poio Pescamar. Situación que lle obrigará de novo a pasar polo quirófano e a afrontar unha longa recuperación perdendo o que queda de tempada.
"Axudarémoste en todo o que necesites nestes días complicados. Volverás superarte, como xa fixeches e como nos tes afeitos", sinalou o club cunha mensaxe a través das súas redes sociais.
Parte médico de Marta Peñalver.#PoioPescamar pic.twitter.com/Bhh1FeHdEC
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) February 23, 2024