Recepción provincial ao Poio Pescamar: "Sodes exemplo e espello"

Poio
26 de febreiro 2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, ofreceu este luns unha recepción oficial ao Poio Pescamar polo seu recente subcampionato na Supercopa de España

Recepción provincial ao Poio Pescamar
Recepción provincial ao Poio Pescamar / Mónica Patxot

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, ofreceu este luns unha recepción oficial ao Poio Pescamar polo seu recente subcampionato na Supercopa de España.

"Sodes exemplo e espello", sinalou o dirixente provincial ao plantel do equipo conserveiro, corpo técnico e directiva, afirmando que "é importante a visibilidade que lle dades ao deporte feminino".

A homenaxe prodúcese nun momento da tempada na que o Poio Pescamar pelexa por recortar a distancia que lle separa en liga do cuarto posto, que dá dereito a xogar o play-off polo título. A seis puntos, o duelo da próxima xornada en Alcorcón, rival que ocupa esa posición de privilexio, pode resultar decisivo.

Ademais o conxunto vermello clasificouse para a final da Copa Galicia, na que se enfrontará ao Marín Futsal co obxectivo de conseguir o que sería o seu cuarto título autonómico.