Mateo Arias estrea as renovacións para o novo proxecto do Cisne en Asobal

Pontevedra
09 de xuño 2022

Despois de varias xornadas con noticias sobre baixas tanto de xogadores como do adestrador Jabato, o Cisne confirmou á primeira peza para o seu novo proxecto deportivo, ao asegurarse a continuidade do seu canteirán Mateo Arias

Mateo Arias, no partido de División Honra Prata entre Cisne e San Pablo Burgos no Pavillón Municipal Cristina Saiz

O Club Cisne Balonmán puxo a primeira pedra para o que será a segunda participación da súa historia na Liga Asobal.

Tras varias xornadas acumulando noticias de saídas como as do técnico Jabato ou os xogadores Jorge Villamarín e Daniel Neves, que se unen á marcha coñecida de Álvaro Preciado e de Virulegio e que obrigan a unha reestruturación máis importante da desexada, o club pontevedrés anunciou a súa primeira renovación.

Trátase dun dos seus canteiráns de maior proxección, Mateo Arias, asentado no primeiro equipo tras unha gran campaña na División de Honra Prata.

Aos seus 20 anos e tras formarse nas diferentes categorías do club, o extremo esquerdo tentará seguir crecendo na que será a súa primeira tempada completa na máxima categoría nacional, na que xa debutou co Cisne.

"Grazas todos polo apoio que nos destes esta tempada e esperemos que así siga sendo", sinalou o propio xogador tras confirmarse a súa continuidade por un ano.

A renovación de Mateo era unha das prioridades da entidade pontevedresa, do mesmo xeito que conseguir atar a outra nova promesa como Carlos Álvarez, cuxo gran rendemento púxolle no radar de varios clubs da máxima categoría como o Ademar de León.