Mayte Méndez e Milagros Sanmartín, 450 partidos á fronte do Arxil

Pontevedra
20 de febreiro 2018

O partido do Arxil contra o Aros de León non trouxo un triunfo do pontevedresas pero si unha efemérides para o recordo. O seu actual corpo técnico, encabezado por Mayte Méndez e Milagros Sanmartín, alcanzou os 450 partidos á fronte do equipo

Mayte Méndez, adestradora do Arxil
Mayte Méndez, adestradora do Arxil / Mónica Patxot

O partido do Arxil contra o Aros de León non trouxo un triunfo do pontevedresas pero si unha efemérides para o recordo. O seu actual corpo técnico, encabezado por Mayte Méndez e Milagros Sanmartín, alcanzou os 450 partidos á fronte do equipo.

Son xa, lembra o club, 17 tempadas co Arxil na Liga Feminina 2. Ambas son xa, por pleno dereito, historia viva do baloncesto nacional.

Entre os seus principais logros figuran tres play-off de ascenso, o último deles na tempada 2014-2015.

Ademais, Mayte Méndez logrou que o Arxil sexa respectado por todos os seus rivais e todo iso a pesar de traballar sempre cun dos orzamentos máis baixos da categoría.

Nesta tempada, o equipo atópase na oitava posición da Liga Feminina 2, cun balance de 9 vitorias e 10 derrotas.