O Arxil buscará romper a súa mala xeira coa visita do Añares Rioja

Pontevedra
23 de febreiro 2018

Tras dúas derrotas consecutivas, o Arxil tratará este sábado de volver á senda do triunfo. Farao en casa, no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva ás 19.30 horas, ante o Añares Rioja

Partido entre Arxil e Ensino no CGTD
Partido entre Arxil e Ensino no CGTD / Diego Torrado

Tras dúas derrotas consecutivas, o Arxil tratará este sábado de volver á senda do triunfo. Farao en casa, no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva ás 19.30 horas, ante o Añares Rioja.

As pontevedresas adestraron con normalidade ao longo da semana e confían en volver dobregar, como fixeron na pista do cadro guipuscoano, ao seu rival, que tentará manter o seu gran estado de forma actual.

Mayte Méndez indicou que o Añares Rioja é un equipo "traballador, moi competitivo e que sabe a que quere xogar". Ademais, destaca a gran variedade de anotadoras que ten nas súas filas, polo que entende que "hai que estar moi atentas e moi postas en defensa". 

A adestradora do Arxil espera un partido "duro e moi diferente" ao da primeira volta, polo que espera o apoio da afección local para que a vitoria quede en Pontevedra.