A pontevedresa Melania Rodríguez logrou, esta fin de semana, colgarse o título de subcampioa na final feminina de dobre minitramp ( DMT) do Campionato do Mundo de Ximnasia Acrobática. A deportista do club Ximnasia Pontevedra-Burgas Ourense pasara á proba definitiva coa mellor nota absoluta, sendo esta a primeira ocasión que competía na devandita categoría.
Melania subiu ao podio cunha nota de 70.000 puntos, só por detrás da sueca Lina Sjoeberg, que conseguiu o ouro con 72.100, e por diante da estadounidense Kristle Lowell, con 67.700 puntos.
Desta forma, a pontevedresa suma a prata no Mudial ao seu palmarés cando xa gozaba do título de campiona de Europa Júnior en DMT (Valladolid, 2016) e o de campiona do mundo tamén júnior (Sofía, 2017).
Pola súa banda, Álex Bernárdez, atleta compañeiro de Melania no club pontevedrés, conseguiu, despois de pasar á final coa terceira mellor marca, a sétima praza de dobre mitramp masculina, onde o ruso Mikhail Zalomin proclamouse campión do mundo.