Merecido descanso para a Sociedad Deportiva Teucro

Pontevedra
15 de decembro 2015

O cadro azul apura os seus últimos adestramentos antes de iniciar un período de vacacións que se prolongará ata o 7 de xaneiro. A Liga Asobal non se retomará ata o 6 de febreiro. Satisfacción pola primeira volta do equipo, que conta con dous puntos de vantaxe sobre a zona de descenso

Adestramento do Teucro no Municipal
Adestramento do Teucro no Municipal /

Coa primeira volta xa finalizada e mes e medio por diante antes de que volva a competición á Liga Asobal, a Sociedad Deportiva Teucro fai balance do que foi a primeira metade da competición.

A pesar de que a sensación é que se podían sumar un par de puntos máis "la valoración es positiva", explica o técnico azul, Quique Domínguez.

Quique Domínguez: "Estoy muy contento, el equipo ha competido bien"

O equipo pontevedrés mantén dous puntos de vantaxe sobre os postos de descenso, o que fai a Domínguez recoñecer que "estoy muy contento. El equipo ha competido bien, tenemos tres equipos por debajo y el juego es bueno, aunque es verdad que nos ha faltado ganar fuera".

O adestrador pontevedrés é consciente de que aínda queda moito que suar para conseguir o obxectivo da permanencia, e xa pensa no segundo tramo de liga, que se iniciará o 6 de febreiro en Guadalaxara.

Con tanto tempo por diante e as forzas xustas polo esforzo realizado ata agora, o primeiro plantel do Teucro seguirá adestrando durante esta semana, ata o venres 18 de decembro, antes de marcharse de vacacións aproveitando o parón polo Europeo de seleccións.

Quique Domínguez non citará aos seus xogadores ata o 7 de xaneiro, momento no que comezará "una nueva pretemporada" dun mes para chegar en perfectas condicións ao comezo da segunda volta.