Miguel Cuesta explota como lateral: Segunda semana consecutiva no once ideal de Primeira RFEF

Pontevedra
16 de decembro 2025
Actualizado: 14:17

O futbolista asturiano é un dos once mellores da última xornada de liga en toda a Primeira RFEF, grazas ao seu rendemento e ao gol logrado contra o Arenas

Miguel Cuesta no partido entre Pontevedra CF e Arenas Club Getxo en Pasarón
Miguel Cuesta no partido entre Pontevedra CF e Arenas Club Getxo en Pasarón / Cristina Saiz

Chegou ao Pontevedra Club de Fútbol como extremo, xogando mesmo a perna cambiada na banda dereita como posición predilecta, e un ano despois estase a consolidar como un dos futbolistas con maior proxección do plantel granate no lateral zurdo.

Miguel Cuesta foi elixido por segunda semana consecutiva no once ideal da Primeira RFEF, unha listaxe no que figuran os mellores futbolistas da última xornada teninendo en conta os dous grupos da categoría.

O asturiano logrouno ademais nunha semana complicada, na que tivo que superar un proceso gripal que minguou a súa capacidade física, segundo recoñeceu tras o partido contra as Areas o seu adestrador, Rubén Domínguez.

A pesar de todo foi decisivo non só por saus subidas e galopadas por banda, senón por ser o autor do primeiro gol do encontro no minuto 7.

"Cheguei un pouco canso da semana", recoñeceu en sala de prensa o propio Miguel, con todo "o esforzo non se negocia, cando se está canso que entre outro compañeiro e o dea todo", afirma polo seu cambio a falta aínda de media hora.

En canto á súa nova faceta como lateral, a propio Cuesta explicou recentemente que "é unha idea que xa vén desde pretempada, cando o adestrador me comenta que me ve nese posto", e aínda que debe traballar "no aspecto defensivo que creo que é o meu punto débil", segue a mellorar cada semana.

Outra cuestión é a achega ofensiva, na que "o míster me pide que chegue, que tire para arriba. Eu tento subir todas as veces que se pode e oxalá cheguen máis goles", sinalou despois de ser protagonista contra o Arenas de Getxo.

Un caso o seu digno de estudo e como exemplo do traballo duro e silencioso, xa que o asturiano non debutou esta tempada até a sétima xornada do campionato, pero sen facer ruído fíxose cun posto que xa parece fixo no once titular do Pontevedra. De feito encadea xa oito titularidades consecutivas e o que é máis importante, sentindo cada vez mellor na súa nova demarcación.