Miguel Novegil segue a dar guerra no squash galego

Pontevedra
30 de novembro 2017

O director técnico do Squash Pontevedra proclamouse campión galego veterano nunha competición celebrada no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte  Muíños

Miguel Novegil, no campionato galego veterano de squash de 2017 Squash Pontevedra

O Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños foi escenario do Campionato Galego de Squash para as categorías de veteranos.

Entre competidores chegados de diferentes puntos de Galicia atopábase tamén o incombustible director técnico do Club Squash Pontevedra, Miguel Novegil, que se proclamou campión.

Novegil disputou a final ante o ourensán Fernando Quiroga, ao que venceu en cinco mangas para reter o título, que gañou nos tres últimos anos.

O Squash Pontevedra contou tamén coa participación de Fernando Portela, campión de consolación na categoría +30, e de Lucía García, bronce tamén en idade +30.