Montoro pide confianza no Pontevedra: "Van chegar os goles, non hai que preocuparse"

Pontevedra
24 de setembro 2025

"Agora mesmo mirar a clasificación é unha equivocación", asegurou o central granate este mércores desde a sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón

Montoro, adestrando con Pontevedra 25-26 na Xunqueira

Paciencia e confianza no equipo. É o que pediu este mércores Antonio Montoro, protagonista na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón.

O defensor do Pontevedra Club de Fútbol asegura que "no vestiario falouse. As sensacións están a ser boas e por tanto estamos moi tranquilos, se seguimos nesta liña van chegar os resultados moi pronto porque creo que si, estamos máis preto de conseguir os obxectivos".

"Agora mesmo mirar a clasificación é unha equivocación, porque van catro partidos e non din nada, estamos a nos coñecer", afirma o central.

Montoro analizou ademais o rendemento do plantel granate, explicando que ao seu xuízo "defensivamente o equipo é moi honrado, creo que sabemos cada un o que temos que facer", mentres que ofensivamente "moi pronto van chegar nos goles, non hai que preocuparse".

O ex do Hércules é un das fichaxes desta tempada con experiencia na Primeira RFEF, unha categoría que "vada ano é máis esixente" e que conta "cun nivel altísimo de xogadores, de clubs, de corpos técnicos...".

A pesar diso, opina, "con cautela, con humildade, pero creo que o equipo está capacitado a mirar de ti a ti a calquera rival da categoría".

No que respecta a a próxima xornada de liga, Montoro reitera a súa idea de non mirar a unha táboa na que o Ourense CF aparece como pechacancelas, e é que "aínda que a clasificación diga que van últimos é un rival moi bo, que nos vai a poñer as cousas moi difíciles e temos para dar nosa mellor versión para tentar traer os tres puntos".

Un reto que será máis sinxelo sabendo que "a afección vai responder" e estará presente o sábado en número importante no estadio do Couto.