Nando confirmado como novo adestrador do Pontevedra

Pontevedra
11 de xuño 2013

O ex-adestrador de Somozas e Cerceda farase cargo do banco granate a próxima tempada. O club anuncia a súa presentación oficial para este mércores ás 12:30 horas no Estadio Municipal de Pasarón

Fernando Martínez Perales "Nando" CCD Cerceda

O Pontevedra Club de Fútbol chegou a un acordo na mañá deste martes con Fernando Martínez "Nando" para que se faga cargo do equipo granate durante a próxima tempada.

O ex-futbolista de Deportivo, Sevilla ou Compostela será presentado, segundo confirma o club, este mércores ás 12:30 horas no Estadio Municipal de Pasarón.

A experiencia de Nando nos bancos redúcese á súa estrea co Somozas e o seu posterior paso polo Cerceda na tempada 2011-2012, equipo que logrou clasificar para unha fase de ascenso que non chegou a disputar ao dimitir por dicrepancias co club coruñés.

AS PRIMEIRAS FICHAXES, CUESTIÿN DE HORAS

O centrocampista do Betanzos Javi Otero e o central do Villalonga Miguel Vázquez poden converterse nas primeiras fichaxes do Pontevedra de cara ao próximo curso. As negociacións están moi avanzadas e a contratación de ambos os dous podería pecharse nas próximas horas.

Por outro lado o club granate espera tamén atar, despois da confirmación do novo técnico, as renovacións de Tubo, Caco, Lorenzo e Jacobo, futbolistas que aínda non responderon á oferta para continuar que lles presentou o Pontevedra.