Un vello coñecido e a SD Teucro regresa a casa. Aínda que, esta vez, non se trata de ningún xogador. O que volve ao equipo é un dos seus históricos preparadores físicos.
O club confirmou que Nano Martínez será o preparador físico do primeiro equipo masculino para a segunda volta da tempada.
Martínez súmase así ao novo corpo técnico que encabeza Sergio Carballeira, co obxectivo axudar ao equipo a crecer e competir ao máximo nivel no que queda de competición.
Xa formou parte do Teucro hai dúas décadas, cunha brillante traxectoria como preparador físico e segundo adestrador, etapa na que deixou unha pegada recoñecida por todos, afirma a entidade.
"Coa súa experiencia e o seu coñecemento do club, volve coa mesma ilusión que outrora e cun novo reto ao que achegará a súa personalidade e bo facer", subliñan.
Desde a dirección deportiva do Teucro destacan que esta fichaxe responde á vontade de optimizar o rendemento físico, a prevención de lesións e a xestión de cargas nunha fase crave da tempada.
A incorporación de Nano "reforza o proxecto deportivo que iniciamos con Sergio Carballeira", explica a dirección teucrista, xa que "coñece a casa, entende a esixencia do balonmán actual e achega unha visión contrastada que encaixa coa nosa ambición".
Con este movemento, o Teucro continúa consolidando a súa estrutura técnica.
O obxectivo é afrontar con garantías os próximos compromisos, apostando por perfís de experiencia, coñecemento e compromiso coa identidade do club.