O Natación Galaico inicia a Liga Galega de Clubs cun segundo posto

Pontevedra
27 de outubro 2025

O equipo pontevedrés asinou a segunda posición na xornada inicial da División de Honra de Galicia disputada en Lugo

Equipo do CN Galaico na primeira xornada de liga CN Galaico

Boa estrea para o Club Natación Galaico na Liga Galega de Clubs de División de Honra.

O equipo pontevedrés ha arrincado a competición cun segundo posto na clasificación xeral da xornada inaugural, celebrada en Lugo.

En concrero o Galaico finalizou o día con 337 puntos, só superado polo club local, o CN Portamiña (387 puntos), e por diante de Pabellón Ourense (318), CN Ferrol (286), CN Ponteareas (228) e Cidade de Santiago (80).

O maior número de puntos achegouno o seu equipo feminino, que liderou a clasificación, mentres que o equipo masculino foi cuarto.

"É un gran resultado para empezar, especialmente coa forza que demostran as nadadoras", asegura o Galaico, que desprazou a Lugo a 53 dos seus deportistas.

Por diante quedan aínda dúas xornadas máis da primeira fase máis unha final para a que se postulan como candidatos a pelexar polo título de mellor club galego.