Natación sincronizada de "nivel" na piscina olímpica de Pontemuiños

Pontevedra
22 de xuño 2017

O Complexo Deportivo Rías do Sur será escenario durante os días 24 e 25 de xuño do Campionato Galego de Nivel, o considerado evento máis importante do calendario autonómico e que serve de preparación para os campionatos nacionais

Presentación do Campionato Galego de Nivel de natación sincronizada
Presentación do Campionato Galego de Nivel de natación sincronizada / Mónica Patxot

A natación sincronizada autonómica ten unha cita a próxima fin de semana, os días 24 e 25 de xuño, co Campionato Galego de Nivel.

O considerado evento máis importante da sincronizada en Galicia servirá de preparación para os próximos campionatos de España e ruenirá a 150 deportistas de sete clubs nas categorías alevín, infantil e xuvenil.

"Es la primera vez que el campeonato tiene una duración tan larga debido al aumento de nadadoras", recoñeceu na presentación do evento a presidenta do Galaico Sincro, Belén Álvarez.

A competición iniciarase ás 10:30 horas do sábado coas rutinas individuais, mentres desde as 16:45 horas celebraranse as rutinas combinadas. Pola súa banda o domingo 25 será quenda dos dúos (10:35 horas) e a proba de equipos (16:40 horas).

Participarán na cita, ademais do Galaico Sincro, o Club Natación Sincronizada Pontevedra, Sincro Ferrol, Portamiña de Lugo, Sincro Ourense, RCN de Vigo e Rías Baixas.