Noelia Rey, unha nova promesa pontevedresa do baile deportivo

Pontevedra
08 de xuño 2017

A xove bailarina pontevedresa, que forma parella xunto ao naronés Samuel García, confirmou esta tempada a súa progresión sendo por segunda vez finalista no Campionato de España de Baile Deportivo

Noelia Rey e Samuel García nunha competición recente PontevedraViva

Teñen só 14 anos, pero esta tempada confirmaron a progresión que lles sitúa como unha das mellores parellas nacionais de baile deportivo.

A pontevedresa Noelia Rey e o naronés Samuel García consolidáronse como parella en setembro de 2016, e en menos dun ano conseguiron ser, por segunda vez, finalistas dun Campionato de España.

Noelia e Samuel concluíron recentemente na sexta posición do Campionato de España de 10 Bailes celebrado en Hospitalet do Infant, Tarragona, repetindo o posto logrado en frebrero na competición da modalidade Standard.

Ademais a súa participación en Tarragona completouse co subcampionato nacional na categoría Junior II B.

A parella, pertencente ao Club de Baile Deportivo Sondodance (A Estrada), márcase agora novos retos mentres nunha idade na que deben compaxinar os estudos coa súa carreira deportiva.