Novena praza para Alejandro Regueiro na sexta edición do Circuíto da Curia de ciclismo

Pontevedra
13 de agosto 2017

Boa actuación dos corredores do Supermercados Froiz no seu regreso á competición. Foi na sexta edición do Circuíto da Curia, en Portugal, onde Alejandro Regueiro foi o mellor clasificado do club pontevedrés ao ser noveno

Corredores do Super Froiz no Circuíto da Curia Super Froiz

Boa actuación dos corredores do Supermercados Froiz no seu regreso á competición. Foi na sexta edición do Circuíto da Curia, en Portugal, onde Alejandro Regueiro foi o mellor clasificado do club pontevedrés ao ser noveno.

A proba, destina á categoría sub-23, contou coa presenza de equipos de varios países e celebrouse nun circuíto no que os ciclistas tiveron que percorrer doce veces, cunha extensión total de 92,7 quilómetros.

Durante a carreira formáronse frecuentes escapadas, debido á gran velocidade á que rodou, e nunha das máis duradeiras estivo presente Martín Bouzas.

Finalmente esa escapada foi neutralizada polo forte traballo que realizou o pelotón para impedir a súa chegada a meta.

O vencedor da proba foi Jorge Malgahaes do Miranda Mortágua.