Novo caso de dopaxe no Campionato do mundo Multideporte celebrado en Pontevedra no mes de abril. Nun control antidopaxe celebrado despois da competición de duatlon, a gañadora da proba en categoría de grupos de idade 35-39, a australiana Margo Mackintosh deu positivo por higenamina.
A triatleta inxeriu esta substancia sen sabelo, pois forma parte dos compoñentes dun suplemente alimenticio, aínda que o elemento prohibido non figuraba nin na etiqueta nin na lista de ingredientes. Por iso, a Federación lembra a todos os triatletas os riscos asociados á toma deste tipo de suplemtentes.
O período de sanción da australiana comezou o 27 de maio, despois da confirmación do positivo, e expirou a comezos deste mes de agosto. Como consecuencia da sanción, Mackintosh foi desposuída dos títulos, premios, medallas, puntos e diñeiro concedido polos seus resultados.
Non é o primeiro caso de dopaxe no campionato mundial celebrado en Pontevedra. O deportista portugués, Nuno José Pereira, foi suspendido durante dous anos despois de dar positivo por efedrina e oxilofrina despois de facerse coa medalla de prata na categoría de grupos de idade da proba de longa distancia.