O Arosa aférrase ao balón parado para empatar ante a UD Ourense (2-2)

O Salnés
19 de maio 2024

O Arosa iniciou este domingo o seu camiño cara ao ascenso a Segunda Federación rascando un empate no Couto diante da UD Ourense despois de ir perdendo 2-0

 

Eliminatoria do play-off de ascenso entre UD Ourense e Arosa Arosa SC

O Arosa iniciou este domingo o seu camiño cara ao ascenso a Segunda Federación rascando un empate no Couto diante da UD Ourense.

Pero o partido arrincou da peor maneira para o equipo adestrado por Luisito, que encaixou o primeiro gol ao fío de descanso nunha falta directa botada por Lucas Fernández.

No segundo tempo, concretamente aos cinco minutos, Jesús Ares puxo máis terra polo medio, obrigando aos arlequinados a empregarse a fondo para reverter a situación.

Axitou o banco o técnico do Arosa e deu entrada a Borja Míguez, Concheiro e Gegunde, que entraron moi ben ao partido e revolucionárono por completo. Luisito, ademais, cambiou a formulación a tres defensas e o seu equipo deu un paso de xigante que se viu reflectido no marcador.

E a balón parado, despois de remar moito, os de Vilagarcía conseguiron empatar a balón parado. Pacheco fixo o 2-1 no 75 e Santi Gegunde, no 84, asinou o 2-2 co que concluíu o encontro.

En caso de empate na eliminatoria tras prórroga do partido de volta, non habería penaltis e serían os de Luisito os que pasarían de rolda ao quedar terceiros na liga regular.

Consulta a acta nesta ligazón