O Arosa confirma a súa terceira fichaxe, o extremo sub-23 Javi Pereira

O Salnés
14 de xuño 2023

O futbolista chega ao club da Lomba tras completar os seus dúas primeiras tempadas en Terceira RFEF no Alondras. Antes, como xuvenil, militou nas canteiras do Pontevedra e do Celta de Vigo

Presentación de Javi Pereira como novo xogador do Arosa
Presentación de Javi Pereira como novo xogador do Arosa / Arosa SC

Con paso firme camiña o Arosa na planificación da próxima tempada, na que partirá co obxectivo de pelexar polo ascenso á Segunda RFEF.

O club arlequinado anunciou este mércores ao que é a súa terceira fichaxe estival, o futbolista sub-23 Javi Pereira.

O extremo, natural de Bueu, aterra na Lombra tras dúas tempadas no Alondras de Terceira RFEF na que era a súa primeira etapa no fútbol sénior. Antes, en idade xuvenil, militou nas canteiras do Pontevedra Club de Fútbol e do Real Club Celta de Vigo.

"Podo desenvolverme en diferentes posicións na zona de ataque" afirma o futbolista, que recoñeceu que "contactou Luisito comigo e tras unha charla con el, o que coñezo do club, a súa afección e o seu proxecto, considerei que é a mellor opción, polo que estou moi agradecido por esta oportunidade".

Con Pereira son xa 14 os futbolistas confirmados no Arosa para a próxima tempada, xunto aos tamén fichados Diego Enjamio e Antón Concheiro e aos renovados Manu Táboas, Sergio Cotilla, Santi Figueroa, Pacheco, Nacho Carús, Martín Sánchez, Brais Pedreira, Brais Vidal, Iñaki Martínez, Borja Míguez e Sylla.