Despois de sete tempadas consecutivas no primeiro equipo, o Arosa SC despídese do seu capitán Julio Rey.
O club arlequinado e o xogador anunciaron que separan os seus camiños tras non aceptar Rey a oferta de renovación proposta pola entidade arlequinada.
"Para min non é fácil tomar esta decisión despois de toda a vida aquí", asegura o futbolista.
Julio Rey agradeceu o apoio de compañeiros, familiares e sobre todo ao presidente Manolo Abalo "porque no meu momento máis difícil tróuxome aquí e eu tentei corresponder".
"Eu estarei sempre por e para o Arosa e non é un adeus senón un ata logo. Vou ser un arosista máis para sempre", conclúe na súa despedida o ata o de agora capitán, que na tempada recentemente finalizada foi peza crave para Luisito na Terceira RFEF acumulando 2.397 minutos sobre o céspede repartidos en 34 partidos, 32 deles como titular, e anotando 4 goles.
Julio Rey no continúa en el Arosa SC
— Arosa SC (@AROSASCOFICIAL) June 7, 2023
El hasta ahora capitán del primer equipo deja el club tras rechazar la oferta de renovación después de siete temporadas consecutivas.
: https://t.co/7d58jQYGFh#ArosaSC pic.twitter.com/TlHYd0PSar