O Arosa fíxase no Deportivo e presenta unha segunda equipación coa bandeira de Galicia

O Salnés
24 de febreiro 2015

Os afeccionados poderán conseguir unha destas camisetas por 27 euros, segundo anunciou o club arlequinado, chamando á sede do Arosa ou enviando un correo electrónico antes do próximo xoves

Segunda equipación do Arosa coa bandeira de Galicia
Segunda equipación do Arosa coa bandeira de Galicia

O Arosa deu a coñecer este martes a que será a súa nova segunda equipación, baseada na bandeira de Galicia.

Se trata dunha camisola suplente que inspirada na idea que puxo en práctica o Deportivo e que incluirá a frase "Nunca camiñarás só".

Nos case 70 anos de historia do Arosa nunca se apostara por estas cores para a segunda equipación.

Segundo informa o club vilagarciano os afeccionados poderán conseguir unha destas elásticas por só 27 euros se a solicitan antes das 21:00 horas deste xoves, 26 de febreiro, chamando o 986 504 860 ou a través do correo electrónico [email protected] co talle e o número que se desexe incluír nas costas.

Os talles dispoñibles son a S, M, L, XL e XXL para adultos e 4, 6, 8, 10, 12, 14 e 16 para nenos.