O Arosa remonta na segunda metade e termina goleando ao Rápido de Bouzas (5-2)

O Salnés
17 de abril 2016

O cadro arlequinado perdía 1-2 no descanso, pero un hat-trick de Cabanyes na segunda metade serviu para voltear o marcador

Fran Fandiño durante o partido entre Arosa e Silva Rubén Abal / Arosa SC

Remontada do Arosa na Lomba para escalar un posto na táboa e colocarse na sétima praza, a oito puntos do play-off.

O cadro arlequinado arrincou con dúbidas o choque ante o Rápido de Bouzas, o que aproveitaron os vigueses para adiantarse cun gol de Marcos. Igualaron os de Piscis grazas Adrián Camiño e cando empezaban a suspera ao seu rival chegaría o 1-2.

Así marcharon ambos os equipos ao descanso, pero o panorama cambiou no segundo acto tras a expulsión de Cotilla no 66. Ata ese momento o Bouzas parecía controlar o duelo.

Só dous minutos despois Cabanyes facía o empate e en superioridade o Arosa desatouse en ataque para completar a goleada.

Primeiro foi Eloy no 77 e despois Cabanyes, nos últimos minutos, acertou en dúas ocasións máis para asinar o seu hat-trick.

Consulta aquí o acta do partido.