O Arosa salva un empate en Arteixo (2-2)

O Salnés
26 de marzo 2023

O Arosa salvou un empate en casa do Arteixo que lle deixa sen marxe de erro na batalla polo título de grupo, que lle permitiría ascender de forma directa a Segunda Federación

Partido entre Arteixo e Arosa
Partido entre Arteixo e Arosa / Arosa SC

O Arosa salvou un empate en casa do Arteixo que lle deixa sen marxe de erro na batalla polo título de grupo, que lle permitiría ascender de forma directa a Segunda Federación.

Dúas veces estivo co marcador en contra o equipo arlequinado, que apenas gozou de ocasións durante o primeiro tempo e pagouno caro, sobre todo cando o conxunto local adiantouse por medio de Iván Vázquez aos 13 minutos de xogo, cun centro envelenado que sorprendeu a Manu Táboas. 

Tras o descanso, Luisito cambiou o seu esquema en busca do empate e deu coa tecla nada máis comezar o segundo tempo. Brais Pedreira centrou e Borja Míguez anotou o gol do empate.

A alegría do Arosa, con todo, durou moi pouco e, nun erro de despexe de Martín, Otero internouse na área e anotou o 2-1.

Aínda quedaba moito tempo por disputarse e os de Vilagarcía non se renderon ata atopar o gol. Iñaki, nesta ocasión, bateu cun bo disparo a José Hevia e asinou o 2-2 co que concluíu o encontro.