O Arxil abre proceso electoral á presidencia do club

Pontevedra
19 de febreiro 2019

Salvo sorpresa a actual dirixente do club pontevedrés, Milagros Sanmartín, optará a repetir no cargo no proceso que abre trala celebración este luns 18 da Asemblea Xeral Extraordinaria da entidade

Milagros Sanmartín (segunda pola esquerda) no sorteo do Nacional Infantil de Baloncesto 2018
Milagros Sanmartín (segunda pola esquerda) no sorteo do Nacional Infantil de Baloncesto 2018 /

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolleu este luns 18 de febreiro unha Asemblea Extraordinaria do Club Baloncesto Arxil.

O motivo da mesma era a aprobación do calendario e o regulamento das eleccións á presidencia do club, cuxo proceso abre agora.

Antes celebrouse á súa vez a Asemblea Ordinaria, na que se presentou aos socios o informe económico da tempada 2017-2018 e o orzamento da tempada en curso.

En canto á convocatoria electoral, salvo sorpresa a actual dirixente do Arxil, Milagros Sanmartín, optará a continuar no cargo. Para iso, tras a constitución da xunta electoral e un período para reclamacións, abrirase un prazo de presentación de candidaturas que finalizará o próximo 27 de febreiro, sendo necesario presentar o 10% de avais de socios para poder optar á presidencia.

A lista definitiva de candidatos farase pública o día 1 de marzo, e se existe máis dun aspirante as eleccións terán lugar o día 4 do mesmo mes.