O Arxil afronta en Santiago un derbi decisivo para as súas aspiracións de ascenso

Pontevedra
04 de febreiro 2022

O partido entre as verdes, que son líderes do seu grupo, e as compostelás está previsto para as 17 horas deste sábado

Partido de Liga Feminina 2 entre Arxil e GDKO Ibaizábal Cristina Saiz

O Arxil quere seguir pola senda da vitoria este sábado, ás 17 horas, na súa visita a Santiago para enfrontarse ao Institutos de Compostela e dar un paso máis no seu camiño cara aos playoff de ascenso.

A falta de dez xornadas para rematar a fase regular, o conxunto verde ocupa a primeira posición con 13 vitorias e catro triunfos de vantaxe sobre o quinto posto.

"Debemos ir moi centradas e conscientes de que nos imos a atopar a un equipo que se vai a morrer por cada balón porque lle vai a vida niso. Sabemos o que nos imos a atopar e debemos saír concentradas desde o minuto uno para pelexar cada posesión, non perder balóns e, sobre todo, xogar ao seu mesmo nivel. É un derbi, téñennos ganas e nós tamén", arenga Lino Vázquez ás súas xogadoras.

Para este partido, non poderá contar Mayte Méndez con Carla nin Lago, lesionadas de longa duración. Así mesmo, Nerea Liste e Aldara son dúbidas, polo que a adestradora volverá botar mano do filial para completar a convocatoria.