O Arxil cae cunha canastra a falta de tres segundos na cancha do líder Ensino (79-78)

Pontevedra
15 de febreiro 2015

As pontevedresas foron por detrás no marcador durante gran parte do choque, pero tiveron o triunfo na súa man ao poñerse en vantaxe a falta de 8 segundos

Fallon Lewis no partido entre Arxil e Ensino no CGTD Diego Torrado

Dolorosa derrota para un sobresaínte Arxil na casa do líder da categoría, o Ensino de Lugo (79-78).

As verdes foron a remolque durante todo o partido, pero non desfaleceron para chegar con opcións a un vibrante minuto final.

Antes as locais comezaron dominando cun primeiro parcial de 22-15 que logrou recortar o conxunto pontevedrés antes do descanso (40-38) grazas a unha grande achega en ataque, que se mantivo todo o encontro con catro das súas xogadoras en dobres díxitos.

Na segunda metade o guión foi similar, co Ensino abrindo unha pequena renda ao seu favor (64-55). Sen embargo as de Mayte Méndez non se renderon, nin sequera cando a súa mellor xogadora, Diarrá (20 puntos), era descualificada por faltas.

Así, a falta de oito segundo lograban poñerse por diante no marcador, pero unha canastra de Tamara a falta de tres segundos deixou o triunfo e o liderado en Lugo.

DURÁN MAQUINARIA ENSINO (79): Tamara Montero (10), Gema García (14), Mireira(15), Marta Lema (6), Suttles (16) -cinco inicial- Sara Cuíña (5), Marina, Rocío (13).

CB ARXIL (78): Diarrá (20), Ana Román (8), Carla Fernández (8), María Lago (4), Lewis (12) -cinco inicial- María González (13), Sandra (13), Cristina, Fany.

Árbitros: García Fernández e Martín Vázquez. Eliminaron por faltas á arxilita Maimouna Diarrá.

Parciais: 22-15, 18-23, 24-17, 15-23.

Incidencias: Partido disputado no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.