O Arxil comezará a liga na casa fronte o Siglo XXI catalá

Pontevedra
24 de xullo 2017

Xa coñecía os seus rivais, pero agora tamén a orde ao que se enfrontará na súa nova aventura na Liga Feminina 2. O Arxil arrancará a liga en casa. Será o 30 de setembro fronte ao Siglo XXI catalán. Así quedou determinado tras o sorteo realizado pola Federación Española de Baloncesto

Partido entre Arxil e Universidad de Oviedo
Partido entre Arxil e Universidad de Oviedo / Diego Torrado

Xa coñecía os seus rivais, pero agora tamén a orde ao que se enfrontará na súa nova aventura na Liga Feminina 2. O Arxil arrancará a liga en casa. Será o 30 de setembro fronte ao Siglo XXI catalán. Así quedou determinado tras o sorteo realizado pola Federación Española de Baloncesto.

O primeiro desprazamento realizarase na segunda xornada coa súa visita ao Universidad de Oviedo e, xa no terceiro partido, producirase o primeiro derbi da tempada. O pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva recibirá ao Celta Zorka.

O mes inicial de competición pecharase cun novo derbi, o que levará ás xogadoras pontevedresas a Lugo para enfrontarse ao Durán Maquinaria Ensino.

O outro derbi, co Cortegada, será o 16 de decembro no CGTD de Pontevedra. A primeira volta pecharase o 6 de xaneiro na pista do Ascensores Tresa-Basket Mar.

O calendario completo pódese consultar nesta ligazón.

Con respecto á confección do plantel, o club asegura que unha vez que se confirmaron as renovacións de Arancha, María Lago, Carla e Cristina Díaz-Pache, xunto coa fichaxe de Narlyn, "déronse pasos axigantados nas renovacións das xogadoras que faltan e nunha nova incorporación".

Se se confirman estas operacións, sinalan desde o club, completarase un persoal "moi competitivo" para a nova tempada de Liga Feminina 2.