O Arxil continúa dando pasos para completar o seu plantel para unha nova tempada en Liga Feminina 2. O club confirmou a renovación de Ana Román por un ano máis. Será a súa cuarta tempada na disciplina pontevedresa.
A xogadora volverá ser determinante, destacan desde o club, na zona do equipo xunto a Cristina Díaz-Pache e Narlyn.
Na pasada tempada, Román disputou 24 partidos de liga cunha media de 9.5 puntos e 4.3 rebotes por encontro.
O club lembra que se caracteriza pola súa experiencia, polo seu saber estar na zona, pola súa actitude tanto en defensa como en ataque ou pola súa decisión de cara ao aro visitante.
Con esta renovación, o Arxil conta xa como bases con Carla Fernández e Arancha Mallou, como aleros con María Lago e Chantel Charles e coas pivote Ana Román, Cristina Díaz-Pache e Narlyn Mosquera
Desde o club seguen falando con xogadoras da casa para pechar o persoal.