O Arxil debuta este martes en Copa Galicia diante do Celta Zorka

Pontevedra
22 de setembro 2020

As de Mayte Méndez viaxan a Vigo despois dunha pretemporada atípica marcada pola situación sanitaria e as dificultades para adestrar en equipo, pero con todos os seus efectivos, incluídas as tres caras novas, co obxectivo de conseguir a vitoria

Primeiro adestramento do Club Baloncesto Arxil 20/21 Mónica Patxot

O Arxil volve á acción este martes coa disputa do primeiro partido de Copa Galicia no que se enfrontará, a partir das 20.45 horas en Vigo, ao Celta Zorka.

Será o primeiro encontro oficial do cadro verde despois dunha pretemporada atípica nas que o equipo non puido adestrar con regularidade pola actual situación sanitaria, as medidas de adestramento sen contacto e as dificultades para atopar un lugar de adestramento estable. 

Aínda así, as de Mayte Méndez inician a campaña con ilusión e presentaranse no pavillón de Navia coas súas tres novas incorporacións que chegaron a un equipo que este ano cambiará o seu estilo. "Será un Arxil máis físico e con máis recursos", anticipan desde o club confiados en poder facerse coa vitoria ante un rival moi renovado no que poderán debutar os seus cinco novos fichaxes. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora