Terceiro triunfo consecutivo do Club Baloncesto Arxil na Liga Feminina 2, que lle mete de cheo na pelexa por entrar na fase de ascenso á máxima categoría ante o tropezo dos seus rivais directos.
O cadro pontevedrés superou nun traballado encontro ao Lima Horta Barcelona (60-65) e colócase a só unha vitoria da cuarta praza.
As verdes marcaron a pauta no inicio do choque, e da man de Keita e María Lago e a gran achega de Carla Fernñandez empezaron a tomar vantaxe.
Así, chegaron ao final do primeiro cuarto cinco arriba (14-19) e ampliaron a renda ao descanso grazas ao bo nivel defensivo (28-35).
Mellorou o cadro catalán tras o descanso, dificultando o ataque das pontevedresas e igualando ao máximo o electrónico (46-47), pero recuperou o nivel o Arxil e terminou definindo nos últimos minutos, nos que estivo máis acertado que o seu rival.
Consulta aquí as estatísticas do Lima Horta Barcelona-Arxil.