O Club Baloncesto Arxil impúxose ante o Cortegada no derbi provincial de Liga Feminina 2. O equipo de Mayte Méndez levou as rendas do encontro en todo momento, deixando atrás os erros cometidos a pasada xornada e dominar practicamente os duelos, especialmente nos dous primeiros cuartos.
Andrea Glomazic botouse ao equipo ás costas e liderou a ofensiva arxilista con 14 puntos que foron claves antes de chegar ao descanso. E é que ás de Vilagarcía estaba a custarlles entrar no partido e vían como o seu rival xogaba cómodo e apenas cometía imprecisións para facer un parcial de 22-34 ao descanso.
O resultado era esperanzador para o Arxil, que chegou ao último cuarto cun cómodo colchón de 17 puntos co que parecía que xa estaba todo resolvido.
Con todo, a falta de 5 minutos para a conclusión, o Cortegada afinou a puntería e con tres triplos seguidos iniciou a que parecía que ía ser a remontada, chegando mesmo a colocarse a tan só seis puntos cando quedaba un minuto (49-55). Pero o cadro local quedou sen tempo, María Lago acertou desde a liña de tiros libres e sentenciou o encontro en 51-58.
Consulta as estatísticas nesta ligazón