O Club Baloncesto Arxil caeu derrotado este domingo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva contra o Magec Tías de Tenerife nun partido igualado pero no que foi a remolque.
Abriu o duelo o conxunto adestrado por Mayte Méndez cun 4-0 que foi un espellismo. O ritmo anotador co que comezou o Arxil comezou a decaer, replicándolo, para fortuna das locais, da mesma forma polo Magec Tías, que era capaz de dar a volta ao marcador para irse cunha lixeira vantaxe ao final do primeiro cuarto (10-12)
Rexurdiu o Arxil no segundo acto para igualar a contenda grazas ao acerto anotador de Nerea Liste e de Ruth Adams con 14 e 13 puntos respectivamente, dando ás ao seu equipo para afrontar os últimos 20 minutos (28-28).
Pero os triplos de Rodríguez e de Robinson penalizaron ao conxunto pontevedrés nada máis saír á cancha tras o descanso (28-36), poñendo terra polo medio e obrigando a Mayte Méndez a parar o tempo e dando entrada ás xogadoras máis habituais coa intención de recortar diferenzas e chegar vivas ao último cuarto (36-41).
Mostrou indicios de lucidez o Arxil nos últimos compases, chegando a rozar o empate pero sen saborealo do todo e realizando o mellor parcial anotador do partido. Pero ao Magec Tías bastoulle co realizado ata o momento para facerse co triunfo no CGTD (52-56).
Consulta as estatísticas do Arxil- Magec Tías