A moeda volveu saír cara ao Arxil, que logrou en Valladolid un novo triunfo agónico para ascender á terceira posición da Liga Feminina 2.
O cadro pontevedrés impúxose ao Universidad de Valladolid (55-58) nun encontro no que tivo que sobrepoñerse ao seu nefasto primeiro cuarto.
Mayte Méndez tivo que pedir tempo morto tras só catro minutos de xogo ante o parcial de 15-4 de saída das locais, pero non logrou parar a sangría e ao termo do primeiro parcial o marcador era de 23-12.
Aos poucos as verdes foron entrando no partido. Non anotaban Keita ou Waleska Pérez coa facilidade e iso notábao o Arxil no só María Centeno parecía acertada fronte ao aro. Ao descanso aínda perdían por 34-26, pero no terceiro cuarto todo apertouse ata o 45-42.
Quedaban 10 minutos e o partido estaba nun pano. Non lograba poñerse por diante o Arxil ata que igualaba o electrónico a falta de dous minutos (53-53). Foi entón cando a defensa pontevedresa, que só concedeu dous puntos máis, desatascou un encontro moi complicado.
Vitoria sufrida que sabe a gloria para as de Mayte Méndez, que suman xa catro triunfos en cinco xornadas de competición.