O Arosa SC ficha gol e polivalencia ofensiva coa que é a súa terceira incorporación para o seu proxecto na Segunda RFEF.
O xogador en cuestión é Luis Nuño, futbolista asturiano que nas dúas últimas campañas e media defendeu as cores da UD Somozas na Terceira División galega.
Trátase dun xogador que pode actuar en ambas as dúas bandas e tamén na punta de ataque, e que nas últimas dúas tempadas anotou 23 tantos.
Nuño aterra na Lomba aos seus 27 anos tras iniciarse nas categorías inferiores do Real Avilés e o Real Oviedo. Conta cun ano de experiencia na Segunda B, o que disputou co Socuéllamos.
Con el son xa nove os futbolistas confirmados no plantel arosista que dirixirá Jorge Otero, tras as fichaxes de Luismi e Diego Diz e as renovacións de Manu Táboas, Mon, Jorge Fajardo, Ross, Julio Rey e Sidibé.